Voltar á página principal Toda a información acerca da Sala Nasa Programación e actividades da sala  Catálogo de existencias e fondo documental Coñece a Chevere. Compañía residente.
  Faite Tripulante
 
  Vantaxes
 
  Inscribete!

 


· Uso e vantaxes dos permisos de navegación da tripulación

NOVO PERMISO POR PUNTOS

Para incrementar e dinamizar as relacións entre a tripulación e a nave poñemos en marcha o novo Permiso Por Puntos, un novo cartón que che permitirá faenar nos nosos caladoiros con máis facilidades e aforrando aínda máis diñeiro. Estas son algunhas das vantaxes do PxPxP:

CARTÓN ELECTRÓNICO: o novo permiso de navegación por puntos é un cartón con banda magnética que deberás presentar na taquilla para que cho pasen por un lector electrónico.

ENTRAR SEN NECESIDADE DE DIÑEIRO: xa non fai falta que manches as túas mans con cartos para entrar na NASA, simplemente pasando o cartón polo lector serán descontados os puntos asignados a cada espectáculo. Cada punto equivale a un euro. E de paso, aforras os cartos que antes pagabas na taquilla! (porque agora só pagas o custo da tarxeta).

TARIFA PLANA: durante este primeiro ano descontaranse só 4 puntos por cada asistencia, sempre que o prezo da entrada sexa inferior a 15 € (cando supere esta cantidade descontaranse 8 puntos).

PROMO DE LANZAMENTO: para todos e todas as que renoven ou se fagan co seu permiso por puntos antes do 31 de xaneiro mantemos os prezos do ano pasado, pero ademais regalamos 5 puntos (=5 €) no cartón individual, e 10 puntos (= 10 €) no cartón colectivo.

OS CARTÓNS DE TRIPULANTES SEGUEN A SER TRANSFERIBLES. Podes prestar o teu permiso de navegación a quen queiras. Podedes ter un mesmo permiso de navegación compartido entre varias persoas. Unha empresa pode ter un permiso de navegación disponible para os seus traballadores, ou para os seus clientes. O único que non podedes facer é vir todos xuntos o mesmo día.

OS CARTÓNS SON RECARGABLES. Cando o teu cartón quede a cero puntos, simplemente terás que recargalo na taquilla da sala para seguir utilizándoo. En calquera caso, a validez do cartón será ata o 31 de decembro de 2008.

OS CARTÓNS VIRÁN CARGADOS con 60 puntos (o cartón individual, que custa 55 €) e con 120 puntos (o cartón colectivo, que custa 100 €).

HABERÁ BONIFICACIÓNS. aqueles que asistan con máis frecuencia cada mes recibirán puntos de balde.

- O permiso de navegación é válido para unha tempada que se inicia en setembro e remata en xullo

- Os cartóns de tripulante son transferibles, pero para acceder ao desconto que vos corresponde como tripulantes é preciso presentar o cartón na billeteira sempre. (Tanto se é o titular quen vén como se se lle presta a outra persoa)

- A tripulación recibirá trimestral ou mensualmente o BIS (Boletín de Información Submariña) con información de todas as actividades da NASA. No caso de ter o correo electrónico do tripulante, este recibirá tamén un BIS electrónico semanal.

- A tripulación tén prioridade de acceso a todo o material artístico e publicitario producido e editado pola NASA: CD's, discos, revistas, libros, camisolas, etc.

Importantes descontos

- En teatro e Ultranoites o desconto da tripulación é dun 65% e no resto das actividades dun 50% (cando o prezo da entrada é inferior a 3€ a tripulación pasa de balde)

- No material editado pola NASA o desconto é dun 20% 

- No material que non editamos nós e que nos deixan á venda na sala o desconto é dun 10% (este desconto non afecta ao "merchandising" que instalan os grupos ou organizacións que montan un punto de venda na NASA nos concertos)

- Nas 27 salas que forman parte da Rede de Teatros Alternativos do Estado tedes un 20% de desconto sobre ò prezo das entradas.  (En Galiza  forman parte da Red a Sala Ensalle (Vigo) e o Teatro Galán e a Sala Yago en Compostela)

Reserva de entradas

- A tripulación tén garantida a súa reserva de entrada en calquera espectáculo ata as 14:30  horas do día anterior ao espectáculo ao que desexe asistir, sempre que o comunique antes, ben por teléfono ou por correo electrónico (e sempre que non se completase o aforo, naturalmente).

- Para que a reserva se faga efectiva debe retirarse na billeteira da sala cun mínimo de 15 minutos de antelación sobre a hora fixada de comezo (30 minutos antes como mínimo se é unha Ultranoite)

Cotas

- Individual: 55 €  tempada

- Colectivo: 100 € tempada. (É válido para dúas persoas)

- O pagamento efectúase por tempada: pasaranse os recibos no mes de novembro.

- Os que paguedes en efectivo teredes que aboar a cota durante os  primeiros tres meses da tempada (setembro, outubro e novembro) na
propia sala: ben na oficina de 11.00h. a 14,00h. , ben na billeteira antes de un espectáculo.

               Faite Tripulante/a

               Camarotes de Opinión

               Bater

               Enlaces


   NAVE DE SERVICIOS
   ARTISTICOS


   R/San Lourenzo,51-53 B
   15705 Santiago de Compostela,
   A Coruña - Galiza
   Tel: +34 (981) -573998
   Fax: +34 (981) -587321
   info@salanasa.com

Voltar á página principal