ona Alternativa é un festival promovido e organizado pola Sala NASA para responder á necesidade de que Santiago conte cun festival de relevancia durante a tempada, pechando o inverno e abríndose á primavera, coincidindo ademais en datas próximas ao Día Mundial do Teatro (27 de marzo). Na Alternativa ofrecerase unha visión actual e comprometida do panorama das artes escénicas contemporáneas (teatro, música, danza e derivados), confrontando propostas locais, nacionais e internacionais que encaran a creación desde unha perspectiva distinta e alternativa para modificar e ampliar o seu horizonte. Z Obxectivos Mostrar as creacións máis representativas, e con clara intención renovadora, producidas por teatros e compañías de pequeno e mediano formato. Abrir novos espacios de representación e posibilidades a artistas emerxentes ou consolidados, que dan prioridade absoluta á creación artística sobre factores comerciais, culturais e de mercado. Facer de Compostela durante tres semanas un dos principais centros de todo o Estado para a exhibición da creación escénica actual, confirmándose como punto de encontro de creadores e cita obrigada para o espectador interesado, así como para os medios de comunicación e prensa especializada, críticos e programadores. Consolidar e proxectar o traballo en común das únicas salas privadas de teatro da cidade e de Galicia, que se teñen convertido en centros emblemáticos da cultura independente, e que coa súa experiencia de intercambios e colaboracións están a propiciar que festivais, compañías e artistas de todo o Estado e doutros países europeos manifesten un interese cada vez maior en presentar as súas obras en Compostela, facendo da cidade unha auténtica encrucillada cultural.
|