|
|

Aquí poderás atopar
o texto íntegro dos espectáculos que foron presentados na
NASA.
XAVIER QUEIPO
Diálogos macanudos
Unha colección de escenas extraídas dunha montaxe aínda por estrear. Un exercicio de estilo coa ironía como fío conductor dos diálogos.
Lectura dramatizada levada a cabo por Xosé Manuel Olveira "Pico", María Bouzas, Victor L. Mosqueira e Xulio Abonjo.
Alternativa 2000. NASA. 25-02-2000
[Baixar]
|
RODRIGO GARCIA
After Sun
Unha obra na que a provocación é unha constante, entendendo por provocación ese provocar emocións, ese provocar novos puntos de vista sobre o feito teatral.
La Carnicería Teatro. Dirección e espacio escénico: Rodrigo García. Intérpretes: Patricia Lamas, Juan Loriente. Iluminación: Carlos Marquerie.
Alternativa 2001. NASA. 21 e 22-03-2001
[Baixar]
|
KOZMIC MUFFIN
Pretérito
O último proxecto do grupo no que, unha vez máis, se volven conxugar os elementos xa utilizados en anteriores traballos, enmarcados esta vez baixo un guión teatral.
Músicos: Patxi Valera, Enrique Otero, Pablo Rega, Pablo Pérez, Miguel Rulos. Actor: Marcos "Petete". Son: Andrés Teijeiro. Iluminación: Miguel Varela. Vídeo: Enrique Otero.
NASA. 18 e 19-04-2001
[Baixar]
|
CHEVERE
hero.es
O texto do último atentado do grupo -polo de agora- contra o discurso narrativo tradicional. Un espectáculo satírico-bucal para dixerir por vía anal.
Actores.Chévere: miguel de lira, patricia de lorenzo, manuel cortés, xron. Cantantes. Tristáns: ramón bermejo, ángeles lago, xose vaamonde, terela gradín, patricia de lorenzo.
NASA. 17-02-00
[Baixar]
|
CARLOS LOSADA E RUBÉN RUIBAL
Fume
Tempos Modernos, O Gran Lebovski ou Smoke son referentes cinematográficos para un espectáculo que se expresa en clave de comedia, cunha linguaxe directa e coloquial e cun ton de amarga acidez.
Teatro Cachuzo. Dirección: Carlos Losada e Rubén Ruibal. Intérpretes: Nacho Castaño, Rubén Ruibal.
NASA. 17, 18, 19 e 20 de xaneiro de 2001
[Baixar]
|
CHEVERE
RADIO UNIVERSO
O guión do serial radiofónico emitido por Cadena Noroeste no ano 2002 na súa versión escénica definitiva. Tal e como foi visto por unhas poucas decenas de privilexiados o día da súa estrea na Feira do Teatro de Galicia. O texto do espectáculo menos visto da historia da compañía. ¿A que esperas?
NASA , 21 de Abril do 2004
[Baixar]
|
ANGÉLICA LIDDELL
Y COMO NO SE PUDRIÓ: BLANCANIEVES
Angélica Liddell e a súa cía. Atra Bilis utilizan o personaxes dos Grimm, Brancaneves, para concentrar sobre ela o horror da guerra, a morte, o castigo, a violación, a fame, o odio e convertila nunha nena-soldado.
Sala NASA, 4, 5 febreiro 2005
[Baixar]
|
CHÉVERE
RIO BRAVO 02
Este clásico do salvaxe Noroeste volveu aos escenarios para celebrar os 15 anos de efervescencia CHÉVERE, cun equipo renovado e algúns cambios no guión, acadando o apoio entusiasta dun público aínda máis amplo e numeroso.
NASA, outubro/novembro 2002
[Baixar]
|
CARLOS SANTIAGO
DRÁCULA
Un Drácula moi especial que Carlos Santiago escribiu para Títeres Trompicallo, e que foi unha moi boa mostra de como achegar o teatro, os títeres e os clásicos á mocidade colocándoos no seu propio terreo.
NASA, 7 a 10 novembro 2001
[Baixar]
|
|
|
NAVE DE SERVICIOS
ARTISTICOS
R/San Lourenzo,51-53 B
15705 Santiago de Compostela,
A Coruña - Galiza
Tel: +34 (981) -573998 Fax: +34 (981) -587321
info@salanasa.com
|
|