Voltar á página principal Programación e actividades da sala O espacio dos espectadores  Catálogo de existencias e fondo documental Coñece a Chevere. Compañía residente.

Preme para ampliar a imaxe.
Galerias de Imaxes


· ¿Que é a Nasa?

A NASA: NAve de Servicios Artísticos, é unha iniciativa privada de autoxestión, colectiva, aberta e independente, que xurde en 1992 desde a sociedade civil, promovida e xestionada por artistas, todos eles vinculados ao Colectivo Chévere, coa finalidade de acoller todo tipo de manifestacións artísticas e culturais, e coas seguintes prioridades:

1.- BASE ESPACIAL: servir de base para as actividades do grupo de teatro Chévere, co obxectivo de consolidar en Galicia a existencia dunha sala con compañía residente e que funcione de maneira estable como centro de creación contemporánea, integrado maioritariamente por artistas galegos.

2.- LABORATORIO ESPACIAL: exercer como centro de intercambio de experiencias entre grupos, organizacións e persoas do mesmo ou distinto campo artístico e fomentar e producir novas formas de representación a través de encontros, talleres, cursos e seminarios. Cambiar os hábitos de achegamento ao feito teatral para xerar outro tipo de contacto, máis directo, co público.

3.- NAVE NODRIZA: actuar como centro de recursos artísticos para os creadores que o necesiten, acollendo a grupos e artistas noveles que, por falta de experiencia e curriculum, encontran outras portas pechadas e promover accións conxuntamente con todos eles.

4.- SONDA: recibir experiencias e mensaxes doutros lugares e culturas, sempre atentos ás novas expresións, aos creadores máis novos e inexpertos e ás propostas artísticas que non atopan canais para a súa difusión nos circuítos habituais.

5.- ESTACIÓN ORBITAL: incorporar as actividades da NASA á oferta cultural da cidade de Santiago, como forma de potenciar esas propostas que, fóra do circuíto comercial e institucional de grandes aforos, teñen este tipo de espacios de capacidade media como único recinto no que expresarse.

 

               ¿Cómo chegar?

                Cadro técnico

               ¿Que é a NASA?

               ¿Cómo funciona a NASA?

               Descripción Técnica


   NAVE DE SERVICIOS
   ARTISTICOS


   R/San Lourenzo,51-53 B
   15705 Santiago de Compostela,
   A Coruña - Galiza
   Tel: +34 (981) -573998
   Fax: +34 (981) -587321
   info@salanasa.com

Voltar á página principal