Voltar á página principal Programación e actividades da sala O espacio dos espectadores  Catálogo de existencias e fondo documental Coñece a Chevere. Compañía residente.

 


· ¿Cómo funciona a Nasa?

A NASA pon a disposición do artista, á parte dunha infraestrucutra digna, varias posibilidades para a utilización da sala dentro dunha relación persoalizada, profesional e atenta ás necesidades de cada quen.

Para que a NASA abra as portas ó público, mobilízase un mínimo de sete persoas que se ocupan de todas as necesidades da sala: xestión, promoción e prensa, publicidade, despacho de billetes, porta, asistencia técnica, servizo de ambigú e limpeza. Todo isto xenera un gasto económico que, sumado ó consumo material (luz, auga, teléfono, aluguer, mantemento, infraestructura), constitúen o custo mínimo que precisamos amortizar cada día de funcionamento.

No caso dos programas de producción propia da Sala, este custo mínimo está cifrado nunha cantidade que pode ser fixa, cando existen fontes de financiamento alleas e complementarias; ou variable, cando depende da recadación en taquilla. Na meirande parte dos casos a recadación repártese en dúas porcentaxes: 70% para o grupo ou artista e o 30% para a Sala.

Outra forma de acceder á NASA, destinada especialmente a programadores alleos á sala, promotoras de concertos, discográficas, institucións públicas, ou calquera empresa ou asociación que necesite un local deste tipo para organizar un acto público, é asinando coa sala un contrato de prestación de servizos que supón o pagamento dunha tarifa fixa. Neste caso, toda a recadación será para a entidade organizadora.

A NASA pode tamén acceder a contratar artistas polos medios habituais (caché), pero só cando existan fontes de financiamento adicionais, xa que a sala non ten recursos propios para afrontar o pagamento de cachés completos en programación regular.

ÁREAS DE ACTUACIÓN

Teatro: a NASA acolle en tempada todas as montaxes do grupo Chévere, ofrece a posibilidade de estrear e permanecer en cartel varias semanas a outras compañías galegas e, ademais, recibe compañías invitadas procedentes de fóra de Galicia.

Música: programación mensual, todos os estilos, fundamentalmente música popular: rock, folk, flamenco, música de raíz, novas músicas, etc., con grupos galegos, españois e internacionais.

Ultranoite: un programa de producción propia que cambia cada vez de contidos e protagonistas, unha revista radical do espectáculo efímero, un cabaré colectivo para a noite dos sábados, un espacio propicio para a proba de números, a mestura de estilos e linguaxes e a diversión sen prexuízos.

Zinasa: o espacio dos pequenos formatos audiovisuais, proxeccións con periodicidade regular, co obxectivo de manter unha programación estable de curtametraxes e vídeos que dea saída ás produccións galegas, ao mesmo tempo que se reciben traballos doutras partes do planeta. O programa complétase cunha actuación musical expresamente preparada para a ocasión.

Galizoo: o espacio para as artes plásticas, concebido como un lugar que se sitúa a medio camiño entre o estudio do artista e a sala de exposicións e como unha prolongación de ámbolos dous.

Videódromo: a unidade de vídeo e o arquivo audiovisual das artes escénicas, con máis de 300 cintas que recollen toda a actividade da NASA desde 1992 e outros traballos que nos chegan desde calquera punto do planeta.

UltrateXtos: o servicio de publicacións da NASA, programas mensuais, libro-anuario, calendarios, cd's, catálogos, camisetas...

Nasahachademiae: cursos, talleres e seminarios puntuais sobre calquera disciplina relacionada coas artes escénicas, sen o somentimento dun curso regular, que serven para extender unha ponte que aproxima e vincula ao público, á sala e aos artistas.

Outras actividades: poesía, danza, festas, intercambios, producción propia, festivais, local de ensaios, estudio de gravación en directo.

 

               ¿Cómo chegar?

                Cadro técnico

               ¿Que é a NASA?

               ¿Cómo funciona a NASA?

               Descripción Técnica


   NAVE DE SERVICIOS
   ARTISTICOS


   R/San Lourenzo,51-53 B
   15705 Santiago de Compostela,
   A Coruña - Galiza
   Tel: +34 (981) -573998
   Fax: +34 (981) -587321
   info@salanasa.com

Voltar á página principal