Voltar á página principal Toda a información acerca da Sala Nasa Programación e actividades da sala  Catálogo de existencias e fondo documental Coñece a Chevere. Compañía residente.
  Faite Tripulante
 
  Vantaxes
 
  Inscribete!

 


· Uso e vantaxes dos permisos de navegación da tripulación

PERMISO POR PUNTOS 

Para incrementar e dinamizar as relacións entre a tripulación e a nave poñemos en marcha o novo Permiso Por Puntos, un novo cartón que che permitirá faenar nos nosos caladoiros con máis facilidades e aforrando aínda máis diñeiro.

Estas son algunhas das vantaxes do PxPxP:



CARTÓN ELECTRÓNICO: o novo permiso de navegación por puntos é un cartón con banda magnética que deberás presentar na taquilla para que cho pasen por un lector electrónico. 



ENTRAR SEN NECESIDADE DE DIÑEIRO: xa non fai falta que manches as túas mans con cartos para entrar na NASA, simplemente pasando o cartón polo lector serán descontados os puntos asignados a cada espectáculo. Cada punto equivale a un euro. E de paso, aforras os cartos que antes pagabas na taquilla! (porque agora só pagas o custo da tarxeta).
Para beneficiarse destas vantaxes será imprescindible presentar sempre o cartón na billeteira.


TARIFA PLANA: descontaranse só 5 puntos por cada asistencia, sempre que o prezo da entrada sexa inferior a 15 € (cando supere esta cantidade descontaranse a metade do prezo da entrada).



OS CARTÓNS DE TRIPULANTES SEGUEN A SER TRANSFERIBLES. Podes prestar o teu permiso de navegación a quen queiras. Podedes ter un mesmo permiso de navegación compartido entre varias persoas. Unha empresa pode ter un permiso de navegación disponible para os seus traballadores, ou para os seus clientes. O único que non podedes facer é vir todos xuntos o mesmo día.



OS CARTÓNS SON RECARGABLES. Cando o teu cartón quede a cero puntos, simplemente terás que recargalo na taquilla da sala para seguir utilizándoo.

OS CARTÓNS VIRÁN CARGADOS con 65 puntos (o cartón individual, que custa 60 €) e con 120 puntos (o cartón colectivo, que custa 100 €).



HABERÁ BONIFICACIÓNS. Aqueles que asistan con máis frecuencia cada mes recibirán puntos de balde.

A TRIPULACIÓN recibe na súa casa o BIS (Boletín de Información Submarina), con toda a información das actividades da NASA. Ademais, recibe un boletín electrónico semanal.

A TRIPULACIÓN ten descontos en todos os teatros asociados á Red de Teatros Alternativos presentando o seu cartón. Son 32 salas en toda España, a máis próxima o Teatro Ensalle de Vigo.


               Faite Tripulante/a

               Camarotes de Opinión

               Bater

               Enlaces


   NAVE DE SERVICIOS
   ARTISTICOS


   R/San Lourenzo,51-53 B
   15705 Santiago de Compostela,
   A Coruña - Galiza
   Tel: +34 (981) -573998
   Fax: +34 (981) -587321
   info@salanasa.com

Voltar á página principal