A NASA está situada na Rúa San Lourenzo 51-53, nun dos barrios máis populares e antigos da cidade, dentro do casco histórico e no ámbito do Campus Universitario. Trátase dun barrio céntrico (está a 5 minutos andando da Praza do Obradoiro e do Ensanche), pero periférico (é o límite do casco urbano). Se ves andando á NASA durante o día poderás desfrutar dun dos paseos máis agradables da cidade, xa que todo é zona verde: dende o parque da Alameda, segues polo Campus Universitario e podes chegar ata a Carballeira de San Lourenzo, xa no límite da zona urbana.
"Sala NASA" lat=42.8786305556, lon=-8.55451666667 Coordenadas Escritório: "Ofi-NASA" lat=42.8782324488, lon=-8.5544787963
|