Voltar á página principal Toda a información acerca da Sala Nasa Programación e actividades da sala O espacio dos espectadores  Catálogo de existencias e fondo documental Coñece a Chevere. Compañía residente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Voltar á página principal
 

 

 

 
 

Caíche na NASA*

Entrar é fácil,
saír...

 



 
 
E NO VERÁN TAMÉN ULTRANOITE
A partir do Venres 3 e durante as tres primeiras fins de semana de Xullo haberá Ultranoite, os Venres e Sábados ás 23,00h. Unha Ultranoite titulada Ultraleite para bufonear cos temas que están quentando este verán: o conflito lingüístico, as marcas brancas, o convenio do metal, a ameaza de peche da NASA ou ese camiño que se guía pola Vía Láctea. Coa equipa habitual de actores, actrices, músicos, cantantes e vedetes e coa actuación especial da Década Lactosa.
 
 
NANONASA, CAMPAMENTO DE VERÁN PARA CATIV@S
O Luns 29 de xuño comeza o primeiro campamento cultural para nenas e nenos da NASA. Un achegamento lúdico ao teatro, á música, ao cine e á natureza urbana. Conducido por Tomás Rábanos e Miguel Curra, contaremos ademais coa presencia diaria de artistas convidados como Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Paula Carballeira, Mago Romarís, Rut Balbís, Xacobe MArtínez Antelo, Max Gómez, MAnuel Cebrián.
 
 
A NASA SEGUE EN XULLO
A NASA prolonga a tempada durante o mes de xullo, especialmente cunha Ultranoite de verán, os venres e sábados a partir do día 3, e coa gravación ao vivo do novo disco de Sumrrá os días 14, 15 e 16. Ademais, coñeceremos o traballo do Grupo de teatro do Hospital de Conxo, que presenta un Ubú Rei feito polos pacientes o día 7. E poñeremos o peche o día 22 cunha performance pictórica e musical a cargo de Denís Bluemouse, LAR Legido e Patxi Valera.
 

 

 

 
 

 

 

 

* Faenar nos caladoiros da NASA garante a supervivencia de milleiros de especies protexidas e en perigo de extinción, utilizando só artes que non danan o contorno e respetando os paros biolóxicos.


   NAVE DE SERVICIOS
   ARTISTICOS


   R/San Lourenzo,51-53 B
   15705 Santiago de Compostela,
   A Coruña - Galiza
   Tel: +34 (981) -573998
   Fax: +34 (981) -587321
   info@salanasa.com